ForoESGal e Ilunion ofrecen, xunto a Fundae, sete accións formativas dirixidas aos traballadores e socios da economía social. Trátaste de pílulas formativas, de catro horas de duración, que se imparten de forma online, con ou sen titor.
O obxectivo da acción pasa por contribuír a eliminar a fenda dixital entre o persoal vinculado ás empresas da economía social.
O programa desenvolverase ata xuño de 2025 e as persoas interesadas poden elixir entre un total de sete opcións:
- Ciberseguidade.
- Traballo colaborativo con ferramentas na nube.
- Mellora da produtividade con Microsoft 365.
- Problemas técnicos sinxelos nos dispositivos informáticos.
- Elaboración de contidos dixitais.
- Trámites coa Administración Pública mediante a sinatura dixital.
- Tendencias actuais e futuras no emprego de tecnoloxías dixitais.
Os cursos foron deseñados de forma práctica e sinxela e son accesibles para persoas con discapacidade sensorial (certificación doble A).
As persoas que os inicien poderán realizar a evaluación final as veces que o precisen, ata superar a materia, sen ninguna penalización.
As INSCRICIÓNS poden facerse no seguinte enlace:
https://economiasocial.fundae.es/landing/foroesgal